Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela acolle dende mañá xoves a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia

Concello de Redondela
10-03-2022
0
Redondela acolle dende mañá xoves a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia

David Pastor, considerado como un dos mellores trompetistas e jazzmen do panorama nacional e internacional, será o artista principal deste evento

Os vindeiros días 10, 11 e 12 de marzo, Redondela acollerá a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia, evento organizado pola Concellería de Cultura, que xestiona Iria Vilaboa e a Xingros Big Band e que conta coa colaboración da Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música 'Víctor Ureña'.

O festival, que no vindeiro mes de xullo celebrará a súa segunda sesión, estará integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á Unesco dende 2018, promovendo o entendemento internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sostible e o ensino de calidade. Cómpre lembrar que o de Redondela, e o único Conservatorio Profesional de Música Municipal de Galicia pertencente a esta rede do que forman parte máis de 10 000 centros de máis de 180 países do mundo.

O III Festival Internacional de Big Bands de Galicia terá un carácter moi pedagóxico contando, no seu programa, con conferencias e masterclass. Nesta terceira edición, o Festival terá a honra de recibir como artista principal a David Pastor, considerado como un dos mellores e máis grandes trompetistas e jazzmen do panorama nacional e internacional. Pastor actuará como solista nos concertos coa Xingros Big Band e profesor das masterclass de improvisación e trompeta.

A organización expresou o seu agradecemento a David Pastor “pola extraordinaria disposición que amosa á hora de colaborar sempre que é requirido” e amosou o seu convencemento que o festival “está na liña de consolidarse como un referente da cultura, o turismo e a música de Redondela”.