Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

III Torneo exhibición Fútbol Sala Mini

Concello de Redondela
13-06-2019
0
III Torneo exhibición Fútbol Sala Mini

O Presidente do Grupo Casa Paco 81 Manolo Conde xunto co Concelleiro Julio Mougán presentaban o Torneo Mini que se desenvolverá durante toda a mañá do sábado 15 no Pavillón Municipal A Marisma. Oito equipos participantes, Casa Paco, Salgueiriños CF, Arealonga FS, ED Val Miñor, UD Mos, EDVM Nigrán, Arbo CF e EF Villa de Marín que se divertirán sobre o parquet.

Este Torneo ten a particularidade de que non haberá resultados nin clasificacións, unha participación de todos contra todos onde o único que prima é o aspecto lúdico, circunstancia que en palabras do edil redondelano Julio Mougán “Será o que distinga este Torneo, agradezo ao Grupo Casa Paco 81 que sexa o primeiro en executar unha idea que puxen enriba da mesa fai moito tempo.

O Pavillón Municipal A Marisma será o escenario perfecto, xa que nos últimos meses vense de pintar dúas pistas ao ancho, polo que se poderán xogar encontros simultáneos.