Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

II Kitefest en Cesantes

Concello de Redondela
13-06-2019
0
II Kitefest en Cesantes

A cita terá lugar os días 6 e 7 de xullo en praia de Cesantes e unirá deporte de competición con actividades didácticas, deportivas e turísticas na fantástica contorna da praia de Cesantes e a enseada de San Simón. Redondela, 13 de xuño de 2019 A KiteFest Cesantes, organizada pola asociación TMKiteClub e o Concello de Redondela, comeza a ultimar os preparativos para a celebración da súa segunda edición.

Esta mesma mañá, o concelleiro de deportes Julio Mougan e a segunda tenente de alcalde M Carmen Amoedo reuníronse con Xusto Fernández e Tato González, presidente e vicepresidente do TMKiteClub, para continuar coa preparación dun evento que unirá deporte de competición, música e actividades abertas a todo o público durante os días 6 e 7 de xullo. O obxectivo do evento non é outro que promocionar o deporte do Kiteboard e a fantástica contorna que ofrece a praia de Cesantes e a enseada de San Simón para practicar este e moitos outros deportes náuticos.

Serán, en total, dúas xornadas nas que se darán cita máis de medio centenar de deportistas para competir nas probas de regata e big jump. Ademais, a entrada será libre para todo aquel que queira asistir e gozar de todas as actividades didácticas, deportivas e turísticas que o Concello de Redondela e TMKiteClub prepararon nesta segunda edición. Concertos, clases de iniciación ao Kiteboard para os máis pequenos, pádel surf, crossfit, kayak e un circuíto en barco pola enseada e visita á illa de San Simón son só algunhas das opcións que este evento ofrecerá de maneira totalmente gratuíta.