Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Inauguración da exposición As Mulleres da Illa

Concello de Redondela
22-04-2021
0
Inauguración da exposición As Mulleres da Illa

Mañá venres 23 de abril, a Alameda Castelao de Redondela acolle a inauguración da exposición As Mulleres da Illa, unha mostra que pretender, a través das imaxes e os textos explicativos, ser un recordatorio permanente ao valor amosado por estas mulleres que, con enorme risco para a súa propia seguridade nos tempos de terror que se vivían, foron quen de ser un punto de apoio tanto para os presos coma para a súas familias.

As Mulleres da Illa levaban comida, remendaban roupa, conseguían mantas, levaban cartas agochadas pero sobre todo, foron seres humanos que ofreceron o pouco que tiñan para axudar aos que máis o necesitaban.

Unha vez que remate a súa estancia na Alameda Castelao exposición, ao igual que a mostra 'Conquistadoras', terá carácter itinerante para poder chegar a todas as parroquias de Redondela.