Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Interrumpido o prazo de aportacións ó Regulamento do Consello Parroqual

Concellaría de Participación cidadá. Concello de Redondela
10-04-2020
0
Interrumpido o prazo de aportacións ó Regulamento do Consello Parroqual

Dende a Concellaría de Participación cidadá, avísase que está interrompido o prazo para a realización de alegacións e a realización de propostas para a modificación do Regulamento dos Consellos Municipais Parroquiais a consecuencia da declaración do estado de alarma.

O día 27 de febreiro abriuse un prazo de 15 días hábiles (ata o 18 de marzo) para realizar alegacións e/ou propostas ao regulamento dos Consellos Municipais Parroquiais.

O 14 de marzo, ditouse o Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma o que implicou a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos administrativos, o que implica que cando perda vixencia o estado de alarma, se seguirá có cómputo do prazo, do que só restan 3 días para o seu remate.

Durante a vixencia do estado de alarma a veciñanza, e as entidades e colectivos poderán realizar as alegacións e achegar as súas alegacións ou propostas a través da Sede Electrónica do Concello de Redondela.

Na páxina web do Concello está a disposición da cidadanía, para a súa consulta, a nova proposta de regulamento e as emendas presentadas polos grupos políticos do PSOE, BNG e o PP:

VER TODA A INFORMACIÓN