Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Isaac Borja Araújo presenta en Redondela o seu libro «Luis Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso»

Concello de Redondela
20-04-2023
0
Isaac Borja Araújo presenta en Redondela o seu libro «Luis Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso»

Na presentación participarán o autor e a alcaldesa Digna Rivas. A Casa da Cultura de Redondela acolle, este venres 21 de abrol ás 19:30 horas, a presentación do libro de Isaac Borja Araújo «Luis Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso». Un libro patrocinado polo Concello de Redondela que realiza un achegamento biográfico á vida e traxectoria política e profesional do médico redondelán Dr. Luís Telmo Bernárdez Santomé.

A figura de Luís Telmo Bernárdez Santomé (Redondela, 1885-1936), ilustre médico e político republicano que foi elixido a alcalde da vila dos viadutos en 1923, recibe a homenaxe do seu pobo tras ser nomeado "Persoeiro do ano 2015".

Entre os moitos méritos que atesoura Telmo Bernárdez atópase o seu labor profesional como médico en Redondela, ademais de inspector municipal de Sanidade. Bernárdez pertenceu aos "mozos turcos" de Redondela, foi o principal impulsor do xornal local "A Opinión" de tendencia agrarista, así como do xornal provincial "O País", de tendencia republicana. No ámbito político foi alcalde da localidade en 1923 e xogou un papel importante como un dos líderes de agrarismo en Redondela.

Na presentación, Isaac Borja Araújo estará acompañado da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.