Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O 7 xuño remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2022

Concello de Redondela
27-05-2022
0
O 7 xuño remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2022

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria  ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya , poderán obter  un duplicado das mesmas:

-          na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es,

-           na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de luns a xoves de 16:00 a 19:00)

-           na Oficina de Chapela sita. Avda. de Redondela 17-  nos baixos do Pavillón Municipal de Chapela (horario de atención ao público: tódolos mércores de 9:00 a 14:00)

-            a través do teléfono de atención ó contribuínte 986408374

-           no correo electrónico: redondela@canaltributos.com

Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremio regulamentarios.