I Xuntanza Kitesurf
O Concello de Redondela e tmkite Club organizan unha xornada de convivencia e entendimento, tanto para participantes como espectadores que se acheguen á praia, no fantástico entorno para a práctica de deportes acuáticos que ofrece Cesantes coa ensenada de San Simón.
No evento contaremos con diferentes actividades didácticas e educativas orientadas ao deporte do Kitesurf e outras actividades lúdicas relacionadas con deportes como o Paddle Surf e Kayak. Inscríbete de balde no mail tmkiteclub@gmail.com.
Haberá tamén varias probas de navegación e exhibición de espectaculares maniobras de Kitesurf realizadas por profesionales deste deporte.
Durante todo o evento haberá persoal disponible para resolver calquera dúbida ou facilitar información acerca do Kitesurf a calquera persoa que lle desperte curiosidade ou inquietude e quera achegarse á Praia de Cesantes.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |