Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

2ª Xornada Sur dos Xogos Galegos Deportivos 2018

Concello de Redondela
06-03-2018
0
2ª Xornada Sur dos Xogos Galegos Deportivos 2018

Hoxe presentouse no Concello de Redondela a 2ª Xornada Sur dos Xogos Galegos Deportivos 2018 que se celebran esta fin de semana no Pavillón A Marisma no que participarán 500 nenos e nenas.

O Alcalde de Redondela Javier Bas e o Concelleiro de Deportes Julio Mougán, estiveron acompañados na presentación por Daniel Benavides Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, e Mario Muzas Presidente da Federación Galega de Judo que agradeceron ao concello a hospitalidade que sempre mostra con todas as federacións e clubes que organizan eventos nas instlacións municipais.
Os centro educativos de Redondela poderán este xoves participar en duas sesións de aproximación ao Judo cos profesores de Educación Física dos colexios, impartidas por adestradores da Federación Galega.

Arquivo adxunto:attachment-2-31.pdf