Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

'San Simón, a Illa', unha ruta en kaiak para coñecer a enseada dende unha perspectiva diferente

concello de redondela
30-06-2022
0

A iniciativa da Concellería de Turismo desenvolverase os días 2, 16 e 30 de xullo con saída dende o Meirande

Redondela, 29 de xuño de 2022

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que aínda quedan prazas baleiras para 'San Simón, a Illa' que propón unha visita a este emblemático lugar e á enseada na que se enclava, dende unha perspectiva diferente como é a dunha ruta en kaiak.

A actividade, para dar cabida a todas as persoas interesadas, se desenvolverá en tres quendas: 2, 16 e 30 de xullo, estando limitadas as prazas para cada unha delas a 20 participantes. Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “dunha actividade recomendada para toda a familia e que permitirá, non só coñecer a Illa de San Simón, senón tamén gozar do percorrido en kaiak ata a mesma por un dos lugares máis fermosos das rías baixas como é a enseada de San Simón”.

A saída, nas tres quendas, será ás 10 horas dende o museo Meirande e a idade mínima dos e das participantes será de 4 anos, se ben deberán ir acompañados da nai, pai ou titores; asi mesmo, os e as menores de 14 anos deberán levar a correspondente autorización.

O prezo será de 15 euros e para reservar prazas ou obter máis información, as interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 986 40 17 13 ou ao enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal.

Digna Rivas subliñou o traballo que, dende a Concellería de Turismo, se está a realizar para dar a coñecer “tanto a visitantes como a propia veciñanza, aqueles enclaves de interese natural, histórico ou cultural que en Redondela, afortunadamente, son abundantes”. Dentro destas iniciativas a rexedora local puxo como exemplo a serie de rutas guiadas “que permiten percorrer distintos puntos do municipio e que poñen en valor o potencial que temos en materia turística e ambiental”.