Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividade de Kayak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

Concello de Redondela
06-07-2021
0
Actividade de Kayak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

A concellería de Medio Ambiente dentro da posta en valor dos espazos naturais da rede Natura 2000 segue ofertando saídas en Kayak para coñecer e gozar dun espazo natural único no mundo.

Resumo da actividade: A actividade consiste na valoración da contorna natural de forma activa, disfrutando e navegando as súas augas, e mostrando todos os valores que posúen estas e os seus ecosistemas asociados a biodiversidade da enseada. Realizaremos paradas divulgativas na illa de San Simón(depende de autorización) na batea, no illote das Corveiras, no monumento ao Capitán Nemo (tentando observar o bosque de zoostera ou sebe que se atopa nas inmediacións), e outras segundo as inquedanzas do público e as posibilidades da xornada.

Desta forma poderemos observar e coñecer de primeira man o valor deste espazo da Rede Natura 2000

Recursos humanos:

-Educador ambiental

-Monitores de kayak (que se encargarán do control do grupo, de axudalos a manterse unidos ao grupo, de remolcar aos usuarios que se cansen e de dinamizar e animar o servizo).

Normativa e seguros: A actividade conta cos permisos necesarios para a súa realización, e o seguro de R.C. e póliza de accidentes con especificación de seguro de rescate.

Saída do Potro de Cesantes as 10H Xoves 8 de Xullo

Prezo da actividade bonificada: 15€

INFORMACIÓN: turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13

Horario oficina de 11 a 14horas e de 15:30 a 19 horas.