Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Lectura radiofónica de "20.000 leguas baixo dos mares"

Concello de Redondela
17-09-2018
0
Lectura radiofónica de "20.000 leguas baixo dos mares"

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da chegada literaria do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne 'Vinte mil leguas baixo dos mares" á que convidan a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras.

Se estades interesados, podedes achegarvos á emisora (Casa da Cultura, Praza Figueroa, s/n, Redondela) para proceder á gravación dun fragmento da obra, a cal estará dispoñible nas dependencias da Radio. Aconsellamos chamar previamente ao teléfono da mesma: 986-408-139 para acordar o horario máis axeitado.

Este horario pode ser de mañá ou ben de tarde: de 8:15-14:30 e de 15:30-19:00 h., de luns a venres.

+ INFO NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/09/lectura-radiofonica-de-vinte-mil-leguas.html