Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Lectura na rúa para celebrar o Día do Libro

Concello de Redondela
14-04-2018
0
Lectura na rúa para celebrar o Día do Libro

O Venres 20 de Abril celebrarase o Día do Libro.

Este ano, contamos coa participación do EEI A Marisma e o IES Illa de San Simón para realizar esta actividade de fomento da lectura. Colaboran a ANPA Ernestina Otero, a Biblioteca Municipal e o Concello de Redondela.

Durante a mañán, a partir das 10:00 h xuntámonos no Paseo da Xunqueira para compartir lecturas, mergullarnos nun mundo de fantasía e aventuras e gozar de diferentes actuacións culturais.

Un dos obxectivos principais deste evento é o de achegar á lectura a todos os veciños e veciñas de Redondela.

LECTURA NA RÚA
VINDE LER CON NÓS!!