Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela acolle todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras nunha xornada na que se xogan 3 bandeiras

Concello de Redondela
07-07-2023
0
Redondela acolle todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras nunha xornada na que se xogan 3 bandeiras

O Concello de Redondela é o único municipio de Galicia que compite en tódalas categorías da Liga Galega de Traiñeiras e o único que compite con 5 embarcacións en total. O sábado 8 de xullo Redondela celebra unha xornada dedicada ao remo na que todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras competirán no Peirao de Chapela a partir das 17:00h da tarde. Este ano a novidade é precisamente xuntar nun mesmo día as regatas da Liga A, Liga F e Liga B que competirán pola súa bandeira correspondente.

“É un privilexio contar con todos os clubs de Galicia no Peirao de Chapela para competir nunha regata na que o Concello de Redondela pon todo o seu empeño no seu bo funcionamento. Este ano poderemos ver a todas as embarcacións galegas xuntas en augas de Chapela, unha situación especial que promete ser todo un espectáculo”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

O Concello de Redondela conta na Liga A coa embarcación masculina de Chapela loitando na quenda de honra contra Ares, Bueu e Tirán. O CR de Chapela-WofCo está empatado a 40 puntos con Tirán, polo que esta regata promete ser emocionante. Ademais destas embarcacións poderemos atopar tamén a do CM Catropol, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, CR Narón, CR Mecos, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Puebla e SD Samertolameu competindo pola XXXVIII Bandeira Concello de Redondela. Por outra banda, na Liga B participan Mugardos, Muros-Esteirana, CR Chapela WofCo, Amegrove CR, CRN Riveira e CR Salgado- Perillo que competirán pola gran estrea deste ano que é a I Bandeira Chapela Wofco.

Na Liga F atópase a embarcación feminina do CR Chapela-Wofco coroada no primeiro posto, pero non é a única embarcación feminina de Redondela. Este ano participa por primeira vez a recén estresada embarcación feminina do CCD Cesantes. Estas dúas equipas de Redondela compeitrán contra Murgados, Rianxo, CR Puebla, CR Salgado-Perillo e CM Castropol pola VIII Bandeira Feminina Concello de Redondela.

O Concelleiro de Deportes, Iván Valles, considera “todo un orgullo contar con 2 embarcacións femininas na Liga Galega de Traiñeiras” e sobre todo “contar con 5 embarcacións representando ao noso municipio en tódalas categorías” ao que engade que “sería emocionante e faríame moita ilusión que polo menos unha das bandeiras quedara en Redondela”.