Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Campaña de recollida de plásticos na Praia da Punta

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
23-02-2021
0
Campaña de recollida de plásticos na Praia da Punta

A Concellaría de medio ambiente ven de comezar, por primeira vez no noso municipio nos meses de inverno, unha campaña de recollida de sólidos (plásticos e leñosos de grandes dimensións) na praia da Punta en Cesantes.

Esta campaña quérese manter tanto en verán coma en inverno, retirando da praia estes elemento unha ou dúas veces ó mes. Farase contando co persoal municipal, sempre dependendo das condicións metereolóxicas e dos medios persoais e materiais de que dispoña a Concellaría de medio ambiente.