Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Limpeza do río Pexegueito polo alumnado do IES Pedro Floriani

IES Pedro Floriani
16-05-2022
0
Limpeza do río Pexegueito polo alumnado do IES Pedro Floriani

Na xornada do 4 de abril, levouse a cabo unha xornada de limpeza dun río próximo ao centro educativo. O tramo onde se realizou a limpeza foi o "Ameneiral do Pexegueiro" de alto valor por ser un "corredor ecolóxico" (calificado así polo Plan de Ordenación do Litoral).

Durante este curso escolar o alumnado do IES Pedro Floriani participou en distintas actividades para coñecer o patrimonio natural e etnográfico da zona. Estas actividades están dentro do programa de educación ambiental "Coidando do entorno e das persoas", a cargo do educador ambiental e patrimonial Álvaro Diego Fuentes, que está sendo financiado polo Concello de Redondela e aplicado tamén en outro centro educativo do municipio.

Este mércores o alumnado pasou á acción colaborando na mellora deste entorno natural coa limpeza dunha gran cantidade de residuos, nas proximidades do muíño do rato, descuberto fai pouco grazas aos traballos de campo realizados pola asociación cultural Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.

A actividade púdose realizar grazas aos desbroces realizados polo Concello de Redondela, a petición da referida asociación, para recuperar os camiños antigos paralelos ao río.

O alumnado saíu andando do mesmo IES co material necesario facilitado polo Concello, para trasladar posteriormente os residuos ao centro educativo. O alumnado montou unha exposición metendo parte dos residuos recollidos dentro dunha gran rede de pesca, que simboliza o lixo que "pescaron", evitando así que esa contaminación siga no medio natural, rematando na ría e afectando a nosa saúde. A "Expo Lixo" estará na entrada do centro educativo para sensibilizar a todas as persoas que pasen por alí.

Ao longo do que queda de curso o alumnado participante realizará diversas actividades para concienciar ao resto do alumnado sobre a necesidade de respetar e coidar o noso entorno.