Comezan os traballos de limpeza na beira do río Maceiras
Esta misma mañá, desde a Concellaría de Medio ambiente do Concello de Redondela, púxose en marcha a limpeza das marxes do río Maceiras.
Os traballos, que contan coa pertinente declaracion responsable de Augas de Galicia, consisten nunha limpeza selectiva e paulatina da maleza que crece ás beiras do curso do Río Maceiras.
![]() |
|
Nos ecosistemas fluviais distínguense dúas grandes unidades ecolóxicas: unha formada polo propia canle do río e a auga que transcorre por él e outra formada polo ambiente inmediato existente nas beiras. Deste xeito, dende a Concellaría de Medio Ambiente continúanse coas labores necesarias para converter o Paseo do Río Maceiras e o seu entorno, nun lugar apto para que as persoas podan transitar, respectando e convivindo coa natureza. Intentando afectar o menos posible ó ecosistema fluvial e mantendo, con estes traballos de conservación, un medio saludable para a flora e fauna que nel habitan. |
Fotografías tomadas esta mesma mañá polo Concelleiro de Medio ambiente, na realización dos traballos de limpeza do entorno do Río Maceiras. |
||
![]() |
![]() |
![]() |