Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela realiza unha limpeza integral das zonas máis concorridas de Chapela

Concello de Redondela
13-01-2023
0
O Concello de Redondela realiza unha limpeza integral das zonas máis concorridas de Chapela

O Concello continúa o proxecto de limpeza, que comezou no Casco Vello, na Av. de Vigo e as zonas máis concorridas de Chapela. A alcaldesa denuncia o abandono por parte da Xunta do plan de humanización da Av. de Vigo, competencia da administración autonómica. O Concello de Redondela limpa as zonas máis concurridas de Chapela, con medidas e equipos de reforzo de hidrolimpeza para eliminar o verdello e baldear as rúas e edificios. Un proceso que “sería moito máis satisfactorio se a Xunta de Galicia fixerase responsable de humanizar as beirarrúas e estradas, abandonadas dende fai anos e que son competencia directa da administración”, engade a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A rexidora local denuncia que “as obras da primeira fase da humanización da avenida de Vigo, ao seu paso polo tramo comercial do núcleo urbano de Chapela, comezou a principios de abril de 2017. A día de hoxe seguimos esperando pola resolución da Fase 2 e 3 da humanización da avenida de Vigo, parada dende fai máis de 4 anos”.

A limpieza consistiu en baldedo e saneamento de beirarrúas e camiños. O equipo de limpeza e xardinerería especializado utilizou hidrolimpiadora de gran potencia para limpar de forma respetuosa co entorno. As zonas xa rematadas corresponden, en Chapela de Arriba, á zona do Centro de Saúde continuando toda a Av. Redondela; en Chapela de abaixo comezaron a limpeza na Av. de Vigo, dende o Alto da Encarnación ata Catro Pontes, ademais da baixada de San Telmo que vai para Arealonga chegando á praia. Cabe destacar a limpieza de escaleiras e accesos tanto á praia como a San Telmo como O Camiño da grila, Camiño do Arce e o Camiño Baliza.

De cara o verán a idea é continuar a limpieza dende a Praia de Arealonga cara o o Paseo de Cardona no Porto de Chapela, zonas moi concorridas nos meses estivais. Esta actuación levábase anos sen facer e únese a outras xa acometidas no municipio coa intención de ofrecer un servizo e transformar a vila nunha urbe máis afable coas persoas, como quedará demostrado coa Praza de Ponteareas e as obras que se están a levar a cabo na Picota”.

Esta iniciativa ten como obxectivo adecentar os cascos urbanos do municipio para o goce e uso dos veciños e veciñas de Redondela e Chapela ademais de prevenir os efectos das choivas otoñais que tenden a gastar e envellecer as rúas.

A rexidora local lembra que, “este goberno aposta polo benestar dos veciños e veciñas. Algo que nos preocupa e levamos moito tempo denunciando é o estado da Av. de Vigo, a estrada de Reboreda e a Av. Mendiño, todas competencia da administración autonómica. O goberno local encárgase do seu mantemento, pero a mellora real podería verse se a Xunta fixera unha humanización como lle corresponde”.