Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Solicitude do servizo de interpretación de lingua de signos

concello de redondela
04-01-2022
0
Solicitude do servizo de interpretación de lingua de signos

O Concello de Redondela, lembra a todas as persoas xordas residentes no municipio que poden solicitar o servizo de interpretación de lingua de signos para calquera xestión que precisen realizar ante esta administración local. A solicitude, achegarase por correo electrónico mediante o modelo oficial cubrindo a información requirida en todos os campos e deberá presentarse con 48 horas de antelación. Este servizo prestarase en calquera área do Concello. 

 

No caso de que as persoas xordas residentes en Redondela queiran participar nalgunha actividade social ou cultural organizada directamente polo Concello, poden solicitar tamén o servizo de interpretación de LSE. Neste caso deberá tramitarse a solicitude con 7 días de antelación, como mínimo, para realizar as xestións pertinentes e poder asegurar a prestación do servizo.

 

A alcaldesa, Digna Rivas, gravou unha mensaxe para animar a todas as persoas xordas a utilizar este servizo destinado a mellorar a accesibilidade e a inclusión social e reiterou o compromiso do Concello coa defensa da igualdade de dereitos entre todas as persoas. Na páxina web do concello pódese descargar o modelo de solicitude do servizo de interpretación de Lingua de Signos que se poderá enviar ao enderezo silse@redondela.gal

Ligazón video

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE SILSE_Redondela