Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio Ambiente pide colaboración da veciñanza pra dar co autor ou autores dun delito de maltrato animal ocorrido no Camiño Verdeal da parroquia de Quintela.

Concello de Redondela
19-04-2021
0
Medio Ambiente pide colaboración da veciñanza pra dar co autor ou autores dun delito de maltrato animal ocorrido no Camiño Verdeal da parroquia de Quintela.

O Departamento de Medio Ambiente solicita a colaboración da veciñanza para dar co paradeiro da persoa que introduciu nunha bolsa de plástico 5 crías de gato recen nacidas, dentro dun contedor do lixo do Camiño Verdeal da parroquia de Quintela.

Os animais foron atopados por unha veciña da zona que chamou a policía local poñendo estes o caso en coñecemento do departamento de medio ambiente. A alértante indicou que dentro do contedor había tan só tres bolsas de lixo xunto a bolsa de cor azul que contiña os gatos. Con este dato e ao estar baleiro o contedor consultouse a hora no GPS do camión que recolleu ese contedor do lixo. Marcando a recollida do lixo na maña do venres 16 de abril as 10:06 horas. Tendo en conta que a veciña atopou os gatos as tres da tarde nun contedor baleiro o delito de maltrato animal produciuse a plena luz do día entre as 10 horas da mañá e as 15 horas da tar cando os animais foron atopados.

             

Dende Medio ambiente solicitase a veciñanza calquera información que puidera axudar sobre algún vehículo ou persoa a pé , que parara o lado do contedor do lixo situado no Camiño Verdeal en Quintal na franxa horaria dás 10 as 15 horas da tarde do venres 16 de abril.

Dende o departamento de medio ambiente queren deixar claro que “Este tipo de actos son de especial gravidade e da máis baixa moral humana, estamos a falar de que eses animais de non ser atopados por persoas marabillosas acabarían afogados, esmagados, triturados no camión e incluso incinerados vivos. Temos que usar estas palabras tan duras porque non estamos a falar dun abandono dos animais, estamos a falar de que as persoas que realizaron este acto atroz foi coa intención de matar. Resulta alarmante para o departamento deste Concello que coa situación que estamos a vivir nestes instantes toda a sociedade, aínda queden persoas capaces de realizar accións desprezables coma esta”.

Calquera persoa que teña información que chame a policía local 986 40 26 10

Os animais foron trasladados a unha clínica veterinaria do municipio na que foron atendidos por orde do Departamento de Medio Ambiente e recollidos pola protectora Animais Sen Fronteiras que se fará cargo do seu coidado.