Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio Ambiente e a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda inician unha campaña de concienciación sobre os danos que causan os incendios forestais

Concello de Redondela
28-05-2021
0
Medio Ambiente e a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda inician unha campaña de concienciación sobre os danos que causan os incendios forestais

Dende o día de onte o local da cultural de Reboreda loce na fachada de cristal unha composición gráfica en vinilo translúcido que representa un bosque queimado na planta superior e un bosque cheo de vida na parte inferior da fachada. Cun corto pero claro mensaxe “ ISTO ou ISTO”. A instalación está pensada para que dende o interior dea sensación de estar dentro dun bosque en chamas e dentro dun bosque cheo de vida. E unha vez que veña a noite al luces do interior da cultural daranlle luz a composición.

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda sumándose a Concellería de Medio Ambiente este vindeiro sábado 29 de Maio as 22:00 horas organiza no aparcamento do centro unha proxección de cine o aire libre da película “ O que Arde” para concienciar a veciñanza dos danos que causan os incendios que arrasan constantemente o medio rural e a biodiversidade dos nosos montes.

O deseño desta composición foi realizada polas alumnas e alumnos do Obradoiro de Garantía Xuvenil Redondela TIC.