Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Maios confinados: Sinha Paca e a Concellaría de Cultura reciben a primaveira online

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
17-04-2020
0
Maios confinados: Sinha Paca e a Concellaría de Cultura reciben a primaveira online

O colectivo Sinha PACA organiza, coa colaboración da Concellaría de cultura do Concello de Redondela, un certame de maios virtual.

Por mor da alerta sanitaria polo Coronavírus, o Concello de Redondela suspendeu, entre outros eventos, a festa dos maios que se ía celebrar o vindeiro 1 de maio na Alameda de Castelao. Por ese motivo, e xa que temos que estar moito tempo nas nosas casas, o colectivo Sinha Paca pensou en non perder de todo este ano a tradición e organizar uns “Maios Confinados”.

A idea é que a xente participe dende as casas, coas debidas medidas de seguridade sanitaria, facendo maios (maquetas, miniaturas ou o que se poida) e tamén coplas (mínimo de 6) para subilas nas redes sociais e páxinas do Concello.

A convocatoria está aberta para todos os colectivos e centros culturais das parroquias, que aínda que non se poden xuntar, si poden difundilo para que a veciñanza poida participar desde os fogares, en familia ou de xeito individual.

Coa idea de manter o mais parecido posible o espírito da festa, abrimos a convocatoria ata o 28 de abril, para presentar todos os proxectos participantes. O 1 de maio a través de internet, o Concello otorgará os premios aos maio e coplas gañadoras así como á interpretación dos videos presentados.

  1. MAIOS: cada maio participante terá que enviar unha fotografía dun maio feito con calquera tipo de materiais e de calquera tamaño.
  2. COPLAS: cada maio participante terá que enviar un mínimo de seis coplas
  3. INTERPRETACIÓN (opcional): vídeos cantando algunhas coplas arredor do maio que presenten.
  4. Enviar os maios e datos a: cultura@redondela.gal

Nome do maio,

fotografía do maio (jpg),

coplas (doc ou pdf)

vídeo (mov) (opcional)

número de teléfono

correo electrónico (opcional).

Haberá premios aos mellores maios, coplas e interpretación presentadas: Os premios consistirán en lotes de libros e entradas para o teatro.

Todos os maios presentados serán expostos na páxina da Concellalía de Cultura do Concello de Redondela o 1 de maio de 2020

#SinhaPaca
#RedondelaéCultura