O Concello de Redondela inagura as xornadas “Matemaxia” organizadas polo Servizo de Normalización Lingúística
O día 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego, por este motivo, o Servizo de Normalización Lingúística organizou un obradoiro titulado “Matemaxia”, a cargo do Mago Paco e dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria. Na xornada inaugural participaron a alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de ensino, Olga Garcia, e o concelleiro de cultura, Daniel Boullosa.
Uns obradoiros que mesturan a pedagoxía coa didáctica, facendo partícipes ao alumnado e compartindo o material co profesorado. A actividade percorrerá até sete centros escolares de Redondela levando consigo unha expresión de ciencia en lingua galega. Desta maneira, quérese demostrar a inexistencia de límites para o galego, sexa cal for a materia educativa, pois todas as linguas están habilitadas para tratar calquera tema. E, por outra parte, dende a Administración local quérese fomentar o uso do galego no eido da ciencia e, en particular nas matemáticas, para desterrar prexuízos lingüísticos e as incomprensibles limitacións impostas polo decreto da Xunt de Galicia sobre esta materia.
Os Centros participantes nesta actividade son CEIP Cedira, CEP Santa Mariña, CEIP Quintela, CEIP Porto Cabeiro, CEIP Laredo, Colexio Vigo e CEIP Igrexa.