Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

MEDIO AMBIENTE ESCOITA

03-06-2020
0
MEDIO AMBIENTE ESCOITA

Continuando coa semana do Medio Ambiente dende o departamento medio ambiental do concello piden a vosa opinión sobre a recollida de algas que se vai realizar este veran.

MEDIO AMBIENTE ESCOITA

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela queremos escoitar as vosas ideas e opinións con respecto ao sistema de recollida de algas do noso Concello.

Este cuestionario poderán realizalo as persoas maiores de 18 anos.

As algas son fundamentais para o funcionamento e conservación dun ecosistema litoral vivo, igual que o é o manto vexetal nun bosque. Despositadas na area, constitúen o alimento dun pequeno crustáceo encargado de "eliminalas" de forma natural, a pulga da area (Talitrus saltator) quen, á súa vez, forma parte da dieta de moitas aves limícolas presentes na nosa costa como: "virapedras" (Arenaria interpes), "píllaras" (Charadrius sp) ou "correlimos" (Calidris sp). Esta maneira reiterada de actuar, retirando as algas de forma masiva, dana gravemente a biodiversidade e priva a estas especies so seu alimento.

(Fonte: Ecoloxistas en Acción)


Nota importante: esta consulta trata sobre o servizo de limpeza de praias. Queda fóra desta a retirada do "abono" de algas que se forman nos bancos marisqueiros, os cales consideramos que deben continuar para protexer este medio de vida que é o marisqueo a pé, unha riqueza do noso litoral.

Participa abrindo e cubrindo o seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZlIH392GNRNMYDE_vkCPiUm0V1DH68E3EHm9YrSHIxqH-WQ/viewform?usp=sf_link