A Concellería de Medio Ambiente subsana un verquido de augas fecais
A Concellería de Medio Ambiente da por resolto un vertido de augas fecais na rede de saneamento que tiña un percorrido duns 400 metros, e viña afectando durante varios anos a veciñanza do cruce da Estrada O pereiro coa estrada N-550 e do Camiño das Folgosas, nesta zona estaban as maiores molestias, continuando a verter no Río Pexegueiro.
Un caso dun vertido que foi posto en coñecemento da concellería pola veciñanza a finais do mes de xullo. O día 1 de agosto comezou o protocolo para a detección do mesmo, nunha tarefa complicada, pois foron necesarias varias actuacións, uso de colorante e inspeccións con fibra óptica ata detectar a procedencia do vertido que foi localizada a mediados de Setembro.
A busca
As actuacións foron realizadas pola concesionaria do concello Aqualia, cunha comunicación constante e profesional entre os responsables e a concellería. A veciñanza tamén participou dando conta de cando se producían os vertidos pois eran de forma intermitente. Durante as actuacións de busca foron reparadas de forma inicial na Estrada O Pereiro zonas da rede de saneamento que tiñan fisuras, pero o vertido continuaba polo que se cambiou de lugar e comezouse a traballar na contorna da canalización das estrada nacional e o resultado foi positivo.
A Concellería de Medio Ambiente subsana un verquido de augas fecais que viña producindose durante varios anos na Estrada O Pereiro (Cesantes) cruzando uns 400 metros fincas e vivendas particulares ata chegar o Río Pexegueiro. |
![]() |
A reparación
Unha vez atopada a causa do vertido que se debía a problemas nas xuntas da canalización situada debaixo do cruce da N-550, a empresa procedeu a primeiros de outubro a colocación dunha manga duns 60 metros de lonxitude polo interior da tubaxe para evitar obras na calzada nacional.
Control da reparación
Aínda que a reparación foi realizada a primeiros de Outubro dende a Concellería gardamos un tempo prudencial e se visitou varias veces o lugar ata poder anunciar, que salvo novas incidencias o vertido dáse por localizado e reparado