Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As mellores lectoras do ano 2018

Concello de Redondela
26-04-2019
0
As mellores lectoras do ano 2018

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o pasado 23 de abril, a Bibliotecas Municipais de Redondela quixeron recoñecer, como en edicións anteriores, aos lectores que fixeron un maior uso do servizo de préstamo.
Foron dúas lectoras, Elena María Álvarez, na Biblioteca Municipal Xela Arias (Chapela), e Eugenia Rodríguez na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, as galardoadas nesta edición, atendendo aos datos estatísticos de ambas bibliotecas.
O premio, como non podía ser doutro xeito, consistiu en senllos lotes de libros.

Os lectores infantís galardoados foron Antón Pekka, de catro anos, na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e Raquel Rodríguez, de 8 anos, na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela) que recibiron os seus obsequios na Gala Infantil do 50 aniversario das Bibliotecas o pasado mes de xaneiro.

O recoñecemento aos Mellores Lectores do Ano , ten como obxectivo o fomento da lectura e premiar aos usuarios máis activos no servizo de préstamo nas bibliotecas de Redondela.