Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Mercado do Nadal 2019

Concello de Redondela
09-12-2019
0
Mercado do Nadal 2019

O Concello de Redondela, dentro do programa de actividades que desenvolve co galo das festas do Nadal, organiza un mercado de Nadal centrado na venda de produtos típicos destas datas (accesorios, adornos, doces, agasallos etc.) na Alameda de Castelao, do 20 ao 24 de decembro de 2019.

Está aberto o periodo de solicitude para participar cun posto neste mercado, o prazo termina o vindeiro día 13 de decembro.

Poderán presentar a solicitude para participar no Mercado de Nadal todos aqueles interesados que reúnan, como mínimo, os seguintes requisitos:

  • Posuír a condición de comerciante segundo a lexislación mercantil.
  • Estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente á venda ambulante e atoparse ao corrente no pagamento das cotas
  • Estar dado de alta na Seguridade Social e ao corrente no pagamento das cotas correspondentes.
  • Estar ao corrente no pagamento dos tributos de carácter municipal estipulados, ou que se estipulen, para o exercicio deste tipo de actividade, nas ordenanzas fiscais correspondentes.
  • No caso de que o titular, persoa física, proceda de países non comunitarios, deberá estar en posesión dos correspondentes permisos de residencia e de traballo; ou procedendo de países comunitarios, da tarxeta de residencia.
  • Dispoñer dun Seguro de Responsabilidade Civil.
  • As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude da autorización en representación da empresa.

Pódese realizar o trámite dende a nosa sede electrónica aquí: