Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividade Mulleres en acción: Violencia Zero en Redondela

Concello de Redondela
24-04-2021
0
Actividade Mulleres en acción: Violencia Zero en Redondela

A Deputación Provincial de Pontevedra achega ao concello de Redondela, en colaboración coa Concellería de Igualdade, o seu Programa Mulleres en acción: Violencia Zero.

Este Programa, que alcanza a súa VI edición, ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.

 O vindeiro martes 27 de abril, ás 12:00 horas, Laura Villaverde representará a acción Panos de vinagre, na Praza do Concello. Con motivo das restricións sanitarias por mor da emerxencia sanitaria pola COVID-19, esta acción será retransmitida por streaming a través da páxina web e da rede social Facebook do Concello de Redondela e da páxina web da Deputación Provincial de Pontevedra.

Nestes momentos complexos, dunha incerteza e crise sen precedentes, a igualdade volve estar en serio risco de retroceder gravemente na nosa sociedade. A situación epidemiolóxica mundial que estamos a vivir neste 2020 está a levar á muller a unha posición de vulnerabilidade laboral e social que podemos tardar moitos anos en recuperar. A COVID-19 evidenciou a precariedade laboral das mulleres, a inexistencia dunha corresponsabilidade real e o papel desigual de sostén no ámbito dos coidados, máis aló do escenario dramático que viviron moitas mulleres nun confinamento compartido cos seus maltratadores.

As mulleres da cultura tamén están a sufrir dunha maneira moi directa a crise actual, e a súa contorna profesional é un dos máis golpeados. Por todo iso, a VI Edición do programa "Mujeres en acción: Violencia zero" preséntase como máis urxente e necesaria se cabe, supón un apoio real ás creadoras e aposta pola sensibilización nun momento no que non se pode tolerar un paso atrás na loita a favor da igualdade.

Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, un ano máis, a performance protagonizará os actos deste programa.

Neste caso en Redondela teremos o placer de disfrutar dunha acción teatral da actriz tudense Laura Villaverde coa peza "Panos de vinagre" na que rememora recordos da súa infancia e reflexionando sobre como naceu a súa conciencia feminista.

Mais info da artista: https://www.depo.gal/es/mulleres-en-accion-violencia-zero-2020-2021