Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cantares, Tradición Oral no Camiño Portugués

Alcaldía. Concello de Redondela
09-10-2020
0
Cantares, Tradición Oral no Camiño Portugués

O vindeiro 18 de outubro, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, descubriremos a tradición da música oral no Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Por causa da COVID-19 cómpre reservar praza no enderezo-e normalizacion@redondela.gal

 

Leni Pérez, folclorista e intérprete, encargarase das explicacións e tocará percusións de man tradicionais e cantares de tradición oral recompilados no camiño. Leva recompilando nosa tradición oral dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado, dando clases de cantares de tradición oral dende fai 30 anos, na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa “Luar” en apartados relacionados co folclore” na actualidade forma parte do programa “Larpeiros” onde tamén pon a nota musical. Acompañada por Roberto Comesaña, acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria, acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.


O repertorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 min. Na escolma do repertorio contaremos con todo tipo de cantares de tradición oral, do arquivo privado de Leni Pérez, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, tendo sempre en conta na escolla o uso do galego e a non utilización de linguaxe sexista.

  • CANTOS DO CICLO DA VIDA: Cantos de berce, xogos,...
  • CANTOS DE LABOR: de arrieiro, do ciclo do millo (labrada, sachada, esfollada...)
  • HISTORIAS E ROMANCES
  • CANTOS DE LECER: Cantares de camiño, Xotas, muiñeiras, pasodobres, valses, danzas, mazurcas…
  • CANTARES DE CICLO ANUAL: Cantos de Nadal, Xaneiras, Manueles e Reis..

 

Para que vos fagades unha idea do formato aquí vos deixamos un enlace: https://www.youtube.com/watch?v=BqdSpMlqwm4&feature=youtu.be

Os concertos tamén se retrasmitiran en streaming ao traves das nosas redes sociais.