Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Poesía polo Día dos Namorados

Concello de Redondela
12-02-2019
0
Poesía polo Día dos Namorados

O Servizo de Normalización Lingüística e a Asociación de Empresarios/as de Redondela coordinan unha campaña para levar a poesía galega aos establecementos.

Dentro da campaña polo Día dos Namorados, a cartelaría levará impresa versos de poetas galegos que teñan como temática central o amor nas súas distintas manifestacións.

As colaboracións son na súa maioría de escritores vivos, algúns novos e outros xa consagrados (Gonzalo Hermo, María do Cebreiro, Silvia Penas...), que se combinan con outros autores clásicos da literatura galega (Cunqueiro, Pimentel, Celso Emilio Ferreiro...).

Ademais farase unha campaña nas redes que contará coa participación directa dalgúns dos autores.

Namorados 2019