Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio ambiente avisa sobre a presenza dun niño de Vespa crabro no paseo do Río Maceiras

Concellaría de Medio ambiente
19-09-2020
0
Medio ambiente avisa sobre a presenza dun niño de Vespa crabro no paseo do Río Maceiras

Medio Ambiente conserva e sinaliza no paseo do Río Maceiras un niño de “Avispón Europeo” autóctono unha das poucas especies que actúan como depredador natural da Vespa Velutina.


Dentro da campaña de loita contra a Vespa Velutina o departamento de Medio Ambiente e a brigada do S.E.I.S de Redondela que depende do departamento de Interior, contan cou un aliado natural no paseo do Rió Maceiras: a Vespa Crabro ou “Avispón Europeo”, especie autóctona e capaz de depredar ás Velutinas invasoras.

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela ven de sinalizar o pasado 18 de setembro, no paseo do Río Maceiras un niño de Vespa Crabro para que continúe coa función de depredadora natural da “Vespa Asiática”.

Dende que se recibiu na primeira semana de Setembro aviso no departamento de medio ambiente da presenza dun niño desta especie, o S.E.I.S (Servizo de Emerxencias Incendios e Seguridade) de Redondela procedía a balizalo e a comprobar se podía causar problemas de inseguridade. Unha vez pasados os datos, a técnica do departamento de medio ambiente apuntou que a Vespa Crabro é unha especie que non abunda moito e que é un dos poucos depredadores naturais das Velutinas.

Polo que despois de realizar as consultas técnicas pertinentes sobre a Vespa Crabro e comprobar nas últimas semanas que non houbo ningún tipo de incidencia no paseo balizado. Decídese dende a parte técnica do concello:

  • Conservar o niño balizado para favorecer a reprodución desta especie capaz de depredar as “Vespas Asiáticas”.
  • Indicar o lugar cun cartel de precaución no que se mencionan unha serie de pautas para non perturbar a tranquilidade das Vespas Crabro unha especie que está considerada “non agresiva” pero que si se senten atacadas moi preto do niño vanse defender, polo que non se deben molestar. Dende Medio Ambiente piden que se respecte o niño e non se lle den golpes o tronco, nin se lle metan cousas dentro.

      

Redondela 19 de Setembro de 2020