Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A noite máis especial do ano volve a Redondela o venres 2 de agosto da man do Festival Internacional de Artistas de Rúa e a Noite Branca de Compras

Asociación de Empresarios de Redondela
26-07-2019
0
A noite máis especial do ano volve a Redondela o venres 2 de agosto da man do Festival Internacional de Artistas de Rúa e a Noite Branca de Compras

O 2 de agosto en Redondela celebrase a Noite Branca de compras. Esta campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela conta co respaldo maioritario do comercio local, medio centenar de comercios e toda a hostalaría da localidade estará aberta con descontos e actividades que a convirte na noite de compras máis especial do ano.
Cada ano Redondela viste unha imaxe especial protagonizada pola temática elixida, esta noite será a NOITE BRANCA DE COMPRAS DO COMERCIO DE REDONDELA.
A decoración das rúas fará destacar de forma especial a todo o comercio asociado e a decoración interior dos locais vestirá de branco esta noite. Molinillos decorativos, alfombra branca e quilómetros de banderíns darán luz a esta noite en Redondela.
Os descontos nas coleccións de temporada chegan ata o 70% pero a estrela da noite será a PRESENTACIÓN E AVANCE DAS NOVAS COLECCIÓNS. Os pequenos comercios multimarca da localidade reciben en exclusiva o os avances das novas coleccións das principais marcas comerciais de moda con descontos do 10% e 20% en exclusiva para esta noite de presentación. Celebraranse DESFILES ITINERANTES que sorprenderán aos transeúntes polas rúas da Vila.
A gastronomía tamén terá un oco especial esta noite na que poderemos atoparnos con postos de street food nas rúas e prazas.
Os establecementos participan da celebración con múltiples actividades pero serán as espectaculares actuacións do FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA o que encha de espectáculo as rúas. Seis compañías con espectáculos abraiantes e a actuación estelar de LUIS ZAHERA.