Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cómo queres qué se chame a Biblioteca de Chapela?

Bibliotecas de Redondela
17-09-2018
0
Cómo queres qué se chame a Biblioteca de Chapela?

A axencia de lectura de Chapela, que forma parte das nosas bibliotecas municipais, non ten un nome propio. Se ben a biblioteca de Redondela está adicada a Valle-Inclán, non sucede así coa sede de Chapela. É por iso que desde o pasado mes de xuño lanzamos a proposta para que a veciñanza e os usuarios propuxeran un nome propio para este centro bibliotecario.

 

O prazo remata o venres 28 de setembro para presentar propostas, e estas deben presentarse no rexistro municipal, por calquera persoa física ou xurídica.

 

REQUISITOS DAS CANDIDATURAS:

1. O nome proposto estará ligado ao eido da literatura: escritor/a, editor/a, impresor/a...

2. O nome proposto deberá gardar unha relación directa coa cultura e lingua galegas.

3. Darase prioridade ao nome dunha muller co propósito de recoñecer e visibilizar o papel das mulleres no eido da literatura galega.

4. O nome proposto non deberá ter outro recoñecemento en espazos públicos de Redondela (rúas, prazas, edificios públicos, monumentos...) no intre de presentar a candidatura.

Aquelas propostas que non argumenten a súa candidatura quedarán fóra do proceso.

Aquí as BASES DA CONVOCATORIA.

Aquí o MODELO DE INSTANCIA.