Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Nova campaña de compostaxe doméstico

Concello de Redondela
20-09-2018
0
Nova campaña de compostaxe doméstico

O departamento de medio ambiente do Concello de Redondela pon en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica para todos os vecin@ s que estean interesados na xestión dos residuos xerados nos propios fogares para convertelos en abono ecolóxico.

As persoas que queiran participar deben anotarse chamando ao teléfono 986-400300 ou ben a través do correo electrónico  medioambiente@redondela.gal para deixar os datos correspondentes.

Do mesmo xeito que en anteriores veces os asistentes nesta actividade (Charla de compostaxe) recibirán un compostero.

Poden participar á charla todos os que o desexen aínda que xa recibisen un compostero en anteriores ocasións. Non obstante o compostero entregarase a aquelas persoas que nunca recibisen algún por parte do concello  

A data da charla e entrega de composteros realizarase unha vez estean inscritos un numero de persoas suficiente para desenvolver a devandita actividade.

Comunicarase previamente aos interesados