Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O CEIP de Cedeira, en colaboración co Concello de Redondela, organiza a charla: “Los inuit. Cazadores del Gran Norte”

CEIP de Cedeira
01-03-2018
0
O CEIP de Cedeira, en colaboración co Concello de Redondela, organiza a charla: “Los inuit. Cazadores del Gran Norte”

O CEIP de Cedeira, en colaboración co Concello de Redondela, invítavos á charla: “Los inuit. Cazadores del Gran Norte”, que terá lugar o luns, 5 de marzo de 2018, ás 19:00 horas, no Multiusos da Xunqueira.

A charla está cargo de Francesc Bailón, antropólogo especializado na cultura inuit e viaxeiro polar

Os inuit, que significa “seres humanos”, son un dos pobos indíxenas que todavía conservan moitas das súas antigas tradicións. Ademais, conseguiron asimilar a presenza do home branco nas súas terras e adaptáronse ao mundo moderno mantendo moitos dos seus costumes ancestrais. Vivindo en perfecta simbiose coa natureza, os inuit souberon aproveitar os escasos recursos que o Ártico lles ofrece e convertéronse, na actualidade, na sociedade cazadora máis avanzada do mundo. Coñecer o pasado dos inuit permitiranos entender mellor o presente e o futuro deste pobo.

Francesc Bailón Trueba é Licenciado en Antropoloxía Cultural pola Universidade de Barcelona e está especializado na cultura inuit e, desde 1997, adícase ao seu estudo e investigación. Profesor da Fundación Arqueolóxica Clos e das Aulas de Extensión Universitaria para a Xente Maior de Cataluña. Colaborador do Museo Etnolóxico de Barcelona. Membro da Asociación de Construtores de iglús de Cataluña. Asesor do TNC na obra Groenlandia (2013) dirixida por Jordi Faura e ten colaborado como asesor de cultura inuit na película Nadie quiere la noche (2015), dirixida por Isabel Coixet. Traballou no documental La sonrisa del sol (2015), producida por Goroka e dirixido por Guillermo Cascante. Guía de viaxes culturais a Groenlandia e Canadá. Asesor cultural sobre temas relacionados cos inuit en medios de comunicación. Colaborador en algúns reportaxes premiados sobre os inuit e o cambio climático (Premio Nacional de Periodismo al Desarrollo Sostenible de la Fundación Doñana 21, Premio WWF ADENA 2008, primer premio na categoría Multimedia do 1º Congreso Internacional de Ciberjornalismo). Autor dos libros Los poetas del Ártico. Historias de Groenlandia (2012) e Los inuit. Cazadores del Gran Norte (2015). Ademais é colaborador de National Geographic. Realizou máis de 25 expedicións ao Ártico, a meirande parte delas para convivir cos inuit. Actualmente é considerado un dos maiores especialistas nesta materia a nivel mundial.