Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina

Concello de Redondela
11-02-2022
0
Novas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionada por Alberto Álvarez, continuará esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.

Logo das primeiras charlas que tiveron lugar en Cedeira, Reboreda, Vilar, Soutoxusto, Ventosela, Trasmañó e Cabeiro, nesta vindeira semana está previsto a súa continuidade de cara a que, veciñas e veciños, saiban como actuar fronte á praga da vespa asiática ou velutina.

As charlas previstas para esta semana son as seguintes:

Mércores 16 de febreiro - Centro Cultural Saramagoso - O Viso - 20:00 h

Xoves 17 de febreiro - Centro Cultural de Cesantes - 19:00 h

Venres 18 de febreiro - Centro Cultural de San Estevo - 19:30 h


No decurso das charlas informativas veciñas e veciños recibirán información polo miúdo de como facer correctamente o trampeo para velutinas e o protocolo a seguir no caso de atopar un niño. Cómpre salientar que nestes últimos tempos incrementouse de xeito considerable o número de niños de velutina situados no chan, entre a maleza ou a alturas baixas, co conseguinte perigo que iso supón para as persoas que estean realizando labores de limpeza nas fincas.