Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Radio Redondela renova a súa páxina web

Radio Redondela. María Xesús Queimaliños
20-10-2020
0
Radio Redondela renova a súa páxina web

A emisora municipal Radio Redondela renova a súa páxina web facilitándolle á audiencia o acceso ás noticias de actualidade, á programación e a emisión online.

Unha actualización moi demandada polos/as usuarios/as que permite acceder a todos os seus contidos dende calquera dispositivo (móbil, tablet, ordenador…).

Á web pódese acceder a través do enderezo www.radioredondela.com

A emisora local renova así a súa imaxe en Internet, cunha páxina máis atractiva que permite descargar os programas e acceder aos audios en calquera dispositivo móbil así como seguir a programación en directo.

As pautas que se tiveron en conta á hora de facer as actualizacións priman un contido máis accesible, visual, unha navegación máis sinxela e unha versión online máis atractiva.

O obxectivo último é converter esta páxina, consultada masivamente polos veciños e veciñas de Redondela, nunha ferramenta máis accesible e próxima, fomentando a información, o coñecemento e o entretemento.