Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novo logotipo para a Concellalía de Deportes

Concello de Redondela
18-05-2018
0
Novo logotipo para a Concellalía de Deportes

O alumnado da especialidade “Deseño de Produtos Gráficos” do Obradoiro de Emprego “REDempreg@” do Concello de Redondela deseñou como parte da súa práctica un logo para a Concellería de Deportes, así como unha guía de clubs e diferentes sinálepticas para as instalacións deportivas.

En referencia ao logo, a simboloxía que busca e transmitir a enerxía e diversión presente en todos os deportes. O seu desenvolvemento foi mudando partindo das letras R e D para que as palabras Redondela é Deporte se manteñan reflexadas no logotipo, e a sua vez creando a silueta dun deportista en movemento cun punto que simboliza a súa cabeza.

As cores seleccionada foron o azul e maxenta principalmente para manter as mesmas que xa se empregaran en distintos eventos da Concellería de Deportes, pero tamén co ánimo de representar a indiferencia de xénero masculino e feminino sexa calquera deporte.

A cor azul tamén fai un guiño aos deportes acuáticos e ó mar.