Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Participación na escolla dun nome para a Biblioteca de Chapela

Concello de Redondela
26-06-2018
0
Participación na escolla dun nome para a Biblioteca de Chapela

O concello de Redondela convida á cidadanía a participar na escolla dun nome para a Biblioteca de Chapela.

O Concello de Redondela celebra este ano o 50 aniversario da apertura ao público da Biblioteca Pública Municipal de Redondela. Este espazo para a lectura e a cultura leva o nome do insigne escritor galego Ramón María del Valle-Inclán.
Co gallo desta efeméride, o concello quere convidar a cidadanía a participar, mediante propostas acordes aos criterios que se indican nas bases da convocatoria, na escolla dun nome para a biblioteca de Chapela situada no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
As propostas pódeas realizar calquera persoa ou entidade xurídica, debidamente identificada conforme ao modelo de instancia, no rexistro municipal. Pódense presentar como máximo tres nomes.
O prazo de presentación de candidaturas abrirase o 1 de xullo e pecharase o 30 de setembro.
O anuncio da escolla do nome farase público o 2 de outubro.
As bases da convocatoria poden consultarse na web do Concello de Redondela así como no blogue das bibliotecas municipais.