Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novo número de teléfono para a cita previa das persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela

Concello de Redondela
21-09-2021
0
Novo número de teléfono para a cita previa das persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela

As veciñas e veciños poderán solicitar a cita previa no 604 07 47 41 mentres non se repare a avaría que afecta a liña telefónica fixa. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, xestionada por Iria Vilaboa, vén de dar conta da avaría sufrida pola liña telefónica fixa utilizada polas persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela para solicitar cita previa.

Unha vez que se tivo coñecemento da incidencia, a Concellería habilitou de inmediato un novo teléfono para solicitar cita previa, o 604 07 47 41. Este teléfono estará operativo ata que sexa arranxada a liña fixa, circunstancia que será comunicada á veciñanza a través dos medios de comunicación e das redes sociais do Concello.

Cómpre lembrar que dende este pasado luns e por mor das obras que se realizan nas oficinas de Servizos Sociais de Chapela, as persoas usuarias deste servizo están sendo atendidas nas instalacións provisionais habilitadas no Multiúsos Piñeiral do Crego, baixo o sistema de cita previa “que dada a especial sensibilidade deste servizo, evita esperas e axiliza o seu funcionamento”.

Agora, as citas previas poderán ser solicitadas do mesmo xeito que se facía con anterioridade pero utilizando o teléfono 604 07 47 41