Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello de Redondela

Concello de Redondela
26-01-2023
0
O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello de Redondela

O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello de Redondela. A Comunidade de Montes de Chapela cede o campo de fútbol ao Concello de Redondela para asegurar ao Chapela C.F. o seu uso gratuito e mantemento.A alcaldesa, Digna Rivas, vén de asinar un documento de compromiso coa entidade Chapela C. F. para garantir o mantemento e uso gratuito das instalacións do Campo de Fútbol de Chapela por parte dos máis de 200 socios e socias que ten o club repartidos en equipos de tódalas categorías. Segundo Rivas a intención é “cumprir co compromiso que tiña este goberno cos deportistas redondeláns. A nosa intención é garantir unha mellora das instalacións á vez que ceder o uso do espazo de forma gratuita para o goce dos veciños e veciñas de Chapela e das parroquias próximas”. A Comunidade de Montes de Chapela, onde se ubica o campo, acordou a cesión gratuita dos terreos, requisito indispensable para a execución das obras de mantemento. O Concello de Redondela investirá 300.000 Euros no proxecto de mellora do campo de fútbol, comezando pola substitución do céspede artificial por un novo, xa que este atópase en moi malas condicións. A rexidora explicaba que “O Chapela C. F. levaba dous anos reivindicando axudas e melloras para o campo, pero non podiamos actuar ata ter a cesión dos terreos. Agora que son da nosa propiedade investiremos o que sexa necesario para aumentar a calidade da experiencia da veciñanza”. A rexidora local asinou o documento xunto co representante do club José Benito Hermida González, no que acordou permitir gratuitamente á entidade Chapela C.F o uso das instalacións emprazadas nas parcelas cedidas pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela. Entre as instalacións cóntase o almacén, as oficinas, o ximnasio, ou os vestiarios. Ademais, O Chapela C.F terá prioridade nos horarios de entrenamentos, torneos e partidos para todas as súas categorías, non puidendo compartir ó mesmo tempo o campo con ningún outro clube de fútbol. Neste campo celébranse torneos anuais de gran importancia, para os que veñen clubs de distintos municipios. A súa adquisición é moi significativa para o concello e a alcaldesa non se olvida de agradecer “á Comunidade de Montes de Chapela a cesión dos terreos, o traballo e tempo invertido en facer posible que este concello dispoña do seu terceiro campo de fútbol público, xunto co Campo do Choco e o Campo de A Gándara (O Viso)”.