Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela súmase a CAR para conseguir o emplazamento adecuado para o gran proxecto da pista de atletismo reglamentaria

Concello de Redondela
30-12-2022
0
O Concello de Redondela súmase a CAR para conseguir o emplazamento adecuado para o gran proxecto da pista de atletismo reglamentaria

O Concello de Redondela súmase ao C.A.R para conseguir o emplazamento adecuado para o gran proxecto da pista de atletismo reglamentaria. O concello continúa a búsqueda dun terreo de 16.000 metros cadrados para a realización correcta da pista de atletismo reglamentaria mantendo reunións periódicas co C.A.R.. O Concello de Redondela traballa da man con C.A.R. para conseguir o espazo adecuado para a pista de atletismo reglamentaria. A idea inicial era instalar unha pista de atletismo no IES Illa de San Simón, para a que xa se traballara nun convenio de colaboración coa Xunta.  Sen embargo, esta non cumplía coas demandas do club que consideran necesario facer unha pista de atletismo reglamentaria de 400 metros para a que se precisa 16.000 metros cadrados de terreo. “Tíñamos un compromiso adquirido coas e cos atletas de Redondela e este Goberno ten a gala cumprir as obrigas contraídas”, afirmou hoxe a alcaldesa, Digna Rivas, ao dar conta do traballo de pescuda que está a realizar o Concello de Redondela para facer realidade o gran proxecto  deportivo que solicita C.A.R. Para poder levalo a cabo o goberno local e o club traballan xuntos en reunións periódicas quincenais nas que participa de forma activa un arquitecto técnico especializado neste tipo de proxectos. O 21 de outubro celebrouse a primeira reunión na que se descartaba a opción do espazo do IES Illa de San Simón. Para que a pista de atletismo cumpla coas esixencias reglamentarias ten que medir 400 metros, ou 200 metros no caso de ser cubertas. “Dende fai tres meses o concello fai un traballo de pescuda constante para atopar o emplazamento adecuado que cumpla coas necesidades dunha pista deste tamaño, polo que nos reunimos periódicamente co C.A.R. e falamos coas comunidades de montes das parroquias do municipio que se mostren dispostas a colaborar na pescuda do terreo idóneo. En todas estas reunión sempre estivo presente o arquitecto técnico especializado encargado de supervisar o incio do proxecto”, explica  alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

C.A.R propón tres localizacións que están sendo estudadas. A primeira corresponde ao terreo na antiga Feira do Gando, o segundo corresponde  Quintela e o terceiro estaría no Chan das Pipas. O arquitecto municipal sinalou que a primeira parcela a que se fai referencia, de acordo ás NNSS, é Chan Non Urbanizable Protexido de Costas e Praias, polo que se enviou unha petición a Costas solicitando a viabilidade do proxecto. “Tamén hai que ter en conta que os terreos non son de titularidade municipal, senón privada, e o concello tería que adquirilas”, explica Rivas. Algo similar pasa coa zona de Quintela, na que cabería unha pista de 200 metros cuberta, pero para a que se precisa autorización de ADIF, xa que a instalación iría na zona superior do túnel de alta velocidade. Por último, nos terreos estudados do Chan das Pipas, sí podería facerse unha pista reglamentaria de 400 metros e, segundo a alcaldesa, o concello “está traballando coa comunidade de montes de Saxamonde para poder instalar a pista na zona do campo de fútbol propiedade da mesma”. “O Concello de Redondela quere agradecer a colaboración e predisposición das distintas comunidades de montes do municipio que colaboraron en todo momento para estudar tódalas posibilidades para a construcción da pista reglamentaria de atletismo. Queremos deixair claro que este goberno está traballando para facer realidade o proxeto que Redondela merece.”, conclúe Rivas.