Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela reduce a taxa de conexión a saneamento nun 70% para facilitar o alta das vivendas unifamiliares

Concello de Redondela
09-05-2023
0
 O Concello de Redondela reduce a taxa de conexión a saneamento nun 70% para facilitar o alta das vivendas unifamiliares

O Concello de Redondela, consegue modificar a ordenanza da taxa de conexión ao saneamento sen actualizar dende fai case 20 anos. Aprobouse en pleno a redución do 70% desta taxa para facilitar o alta das vivendas unifamiliares co fin de reducir o importe actual de 1200 a 360 euros. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mostra a súa satisfacción tras conseguir aprobar a modificación da ordenanza da taxa de conexión ao saneamento sen ningún voto en contra o que suporá que as vivendas familiares que se conecten ás redes municipais de abastecemento e saneamento pagarán por cada unha destas taxas 360 euros, cantidades que ata o de agora ascendían a 900 e 1.200 euros respectivamente.

A alcaldesa de Redondela explica que “Existe un número moi elevado de vivendas unifamiliares que potencialmente poden conectarse ás redes municipais e seguen sen conectarse polo elevado coste que implica”. Expresaba a súa satisfacción pola aprobación da modificación da ordenanza “para axustar as taxas ás necesidades e realidades actuais dos veciños e veciñas”.

Na actualidade a "taxa de alcantarillado" alcanza, no suposto de vivendas unifamiliares, os 1.200,00 euros, mentres que a rede de abastecemento ten unha tarifa de 900 euros, polo que cando se implanta unha nova rede pública os usuarios e usuarias teñen que aboar unas taxas de 2.100,00 euros. Segundo a rexedora local, “estas cantidades, desde un punto de vista social, semellan moi difíciles de afrontar para unha porcentaxe importante de familias polo que procedeuse a analizar se era adecuada á normativa, estrutura municipal e conxuntura económica actuais”.

Esta contía estaba a funcionar como un obstáculo para o acceso dos cidadáns ao servizo e levantaba unha barreira económica que tamén impactaba negativamente sobre os índices de desigualdade. Conseguiuse polo tanto, cos votos a favor de BNG e PP e a abstención de AER, igualar a taxa entre vivendas unifamiliares e vivendas colectivas modificando as ordenanzas respectivas de xeito que en ambos os dous supostos sexa de 360 euros en concepto de saneamento e 360 euros en concepto de abastecemento.

“A diminución de ingresos pola rebaixa desta taxa verase compensada polo aumento das altas e do número de taxas percibidas así como un maior número de recibos trimestrais a cobrar”, conclúe Rivas.