Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela ofrece obradoiros de arranxos florais nas parroquias

Concello de Redondela
24-02-2023
0
O Concello de Redondela ofrece obradoiros de arranxos florais nas parroquias

O obradoiro ten un custo de 10 euros para cubrir os materiais e estará dispoñible en centros recreativos das parroquias a partir do 3 ao 23 de marzo. Tralo éxito do obradoiro de Centros de Mesa de Nadal, o Concello de Redondela presenta a través da Concellería de Medio Ambiente obradoiros de arranxos florais nas parroquias do 3 ao 23 de marzo. A actividade consiste na elaboración dun arranxo floral guiados por profesores e profesoras dunha flpristería local. Ademais de aprender a técnica tamén poderán levar o arranxo para decorar o fogar.

“Esta acctividad ten a intención de ensinar, pero tamén ofree a oportunidade de reunir a xente e socializar entre a veciñanza. Tentamos levalo a tódalas parroquias, as grandes olvidadas ata o de agora na oferta cultural. Queremos achegar a oportunidade ao máximo ded xente posible”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Os obradoiros empezan o 3 de marzo na A.V.D.C. Ventosela e continuan na Aula Cemit de Chapela (7 de marzo), na cultural de Vilar (8 de marzo), Cultural de San Estevo (9 de marzo), Cedeira (10 de marzo), Cidadelle (13 de marzo), Soutoxuste (14 de marzo), Multiúsos de Redondela (15 de marzo), Reboreda (16 de marzo), Trasmañó (17 de marzo), na Escuelita de Saxamonde (20 de marzo), A. V. Saramagoso (21 de marzo), Cabeiro (22 de marzo) e C.C.D. Cesantes (23 de marzo). Tódolos horarios serán de 16:30h a 20:00h, menos o de Trasmañó que será de 16:00h a 19:30h.

As prazas son limitadas nos centros culturais asignadose o prazo de inscrición xa está aberto poidendo facelo no Multúsos da Xunqueira ou no teléfono 986 40 28 65. O custe do obradoiro, 10 euros polo material, entregarase o mesmo día do obradoiro.