Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

VII Obradoiro internacional de Tradución Poética “Con Barqueira e Remador”

Concello de Redondela
04-10-2018
0
VII Obradoiro internacional de Tradución Poética “Con Barqueira e Remador”

Volve a San Simón o VII Obradoiro internacional de Tradución Poética, “Con Barqueira e Remador”.

O Concello de Redondela, unha vez máis, apoia e patrocina este evento de recital poético que acolle durante unha semana a Illa de San Simón a poetas internacionais, que son ademais de poetas, expertos lingüistas e tradutores.

Seis poetas de seis países diferentes, danse cita nas máxicas e literarias augas da nosa enseada de San Simón, para compartir os seus traballos poéticos e a través dunha lingua franca, neste caso o Castelán, traducir as súas obras ao Galego.

Redondela acollerá este próximo venres día 5 a partir das oito da tarde na praza de Figueroa a estes poetas, quen acompañado de Yolanda Castaño, poñerán en escena e lerán os seus traballos no seu propio idioma, e logo poderemos escoitar a súa tradución ao galego.

Este ano estarán os autores: Abdul Hadi Sadoun (Árabe), Rosa Alice Branco (Portugués), Xosé María Álvarez Cáccamo ( Galego) Premio dá Cultura Galega 2018, Miren Agur Meabe (Eúscaro), Subhro Bandopadhyay ( Bengalí) e Timo Berger (Alemán), que entre eles comunicaranse na lingua franca que todos coñecen e que para este 2018 é o Castelán.

Un acto que dá case colofón final á viaxe destes seis autores e que rematarán a súa visita a Redondela cunha convivencia cultural tamén na Asocición Cultural de Cesantes ese mesmo día tras o recital.

Un acto gratuíto que como tantos outros toman as rúas da vila dos viadutos para reclamar o espazo urbano para a Cultura.