Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa de Nadal

Concello de Redondela
07-12-2022
0
Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa de Nadal

A partir do vindeiro luns, 12 de decembro a Concellería de Cultura do Concello de Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa do Nadal que estará dispoñible en distintas datas nas parroquias redondelás.

A actividade consiste na elaboración dun centro de mesa do Nadal utilizando elementos florais e festivos que cada participante poderá levar a súa casa para decorar o seu fogar. Estará dispoñible no centro cultural de Soutoxuste (12 de decembro) , Saramagoso (13 de decembro), na aula CEMIT de Chapela (13 de decembro), Reboreda (14 de decembro), Vilar (14 de decembro), Santo Estevo (15 de decembro), Cesantes (15 de decembro), Ventosela (19 de decembro), Cabeiro (19 de decembro), Trasmañó (20 de decembro), Multiúsos de Redondela (20 de decembro), Cedeira (21 de decembro) e C.C.D. Cidadelle (21 de decembro).

O horario será de tarde de 16:30 horas a 19:30 horas en tódolos centros culturais por igual. O obradoiro é de balde e ten os materiais incluídos. A inscrición estará aberta ata completar prazas na oficina de turismo ou no teléfono 986 40 17 13.

“Esta actividade entra dentro do amplo programa de nadal do concello. É importante que tanto este obradoiro, como moitos outros cheguen a tódalas parroquias de Redondela. Temos un compromiso coa veciñanza para estender a oferta cultural por todo o municipio”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.