Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Xornada da "Gran Limpeza Internacional de fondos mariños e praias" en Arealonga

Concello de Redondela
20-09-2021
0
Xornada da "Gran Limpeza Internacional de fondos mariños e praias" en Arealonga

Desde o Club de Actividades Subacuáticas Baixo dous Mares e a Asociación de Procura e Salvamento de Galicia, organizan a xornada da "Gran Limpeza Internacional de fondos mariños e praias" o próximo día 25 de setembro, ás 09:30 na praia de Arealonga, Chapela.

Para iso instalarase unha carpa na praia, para poder dar unha charla sobre os nosos fondos.

Nesta xornada colaboran empresas como: Libera, Rede de Vixiantes Mariños, Oceanidas,Vertidos Cero, AEBAM, CEMMAR e Pescanova, e o Concello de Redondela súmase á colaboración para que se poida realizar esta interesante iniciativa.