Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O obradoiro «Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista» pecha as II Xornadas de Muller e Igualdade Gemma Pereira Otero

Concello de Redondela
14-03-2022
0
O obradoiro «Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista» pecha as II Xornadas de Muller e Igualdade Gemma Pereira Otero

Joshua Mateo, Promotor de Igualdade de Oportunidades e Patricia Costa, presentadora do programa Tolerancia Cero en Radio 5 puxeron de relevo a importancia dos medios de comunicación na loita contra a erradicación da violencia machista

O obradoiro Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista, celebrado esta mañá no Multiúsos da Xunqueira, puxo punto e final ás II Xornadas de Muller e Igualdade Gemma Pereira Otero organizadas pola Concellería de Igualdade que xestiona Iria Vilaboa.

Ao longo do taller, analizouse como a maior presenza da violencia machista nos medios de comunicación ao longo dos últimos anos, conseguiu cambiar non só a percepción social desta vulneración dos dereitos humanos, senón tamén a percepción sobre o papel clave que o xornalismo exerce na erradicación desta lacra social.

Porén, ata non hai moito tempo, o maltrato pasaba desapercibido nos xornais, radios e televisións ou, se se facían eco o disfrazaban de 'suceso'. Na xornada, tanto Joshua Mateo como Patricia costa puxeron en valor a importancia da especialización dos e das profesionais dos medios de comunicación.

A xornada contaba coa testemuña de Joshua Mateo, Promotor de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, e orfo da violencia machista. Baixo a súa experiencia persoal, ofreceu unha mirada real sobre a importancia de que cada medio de comunicación trate co máximo respecto este tipo de información, algo que non ocorreu tras o asasinato da súa nai, Sesé Mateo, en 2017.

Joshua estivo acompañado pola xornalista redondelá Patricia Costa, actual presentadora do programa Tolerancia Cero en Radio 5 (Radio Nacional de España), pioneiro en abordar a violencia machista e a igualdade de oportunidades, desde 2004. Cómpre lembrar que Patricia Costa é tamén a gañadora da primeira edición do 'Premio Sesé Mateo de Ética Xornalística', convocado polo Concello de Redondela

O taller, gratuíto, estaba dirixido especialmente a titulados ou estudantes de ciencias da comunicación e a persoas vinculadas a ámbitos como a promoción da igualdade, a educación e a integración social. Tamén a responsables de comunicación de asociacións e ONG’ s vinculadas ao movemento feminista.

O obradoiro desta mañá puña fin ás 'II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa xurdida pola aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer todos os anos sobre a mesa de debate aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Na primeira das actividades desta xornada, desenvolvida onte venres, Patricia Rodríguez, coach, mentora, especialista en actividades de team-building e Heidi Vander Biest, coach ontolóxico, mentora e especialista en PNL e intelixencia emocional puxeron sobre a mesao tema 10 claves para emprender. Liderazgo feminino e autoxestión, unha xornada que contou tamén coa participación de axentes da UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller) do Corpo Nacional de Policía.

A alcaldesa Digna Rivas quen chamou a atención “sobre o éxito de participación” desta nova edición das xornadas, salientou a importancia de darlle continuidade a unha iniciativa que sirve para poñer o foco de atención “sobre o papel da muller na sociedade” e a importancia que ten a igualdade “para acadar unha sociedade máis xusta”.