Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Igualdade de Redondela pon en marcha un obradoiro de risoterapia e autocoñecemento

Concello de Redondela
10-11-2022
0
A Concellería de Igualdade de Redondela pon en marcha un obradoiro de risoterapia e autocoñecemento

O programa desenvólvese de novembro a decembro, dous meses no que as participantes traballarán na autoestima e o empoderamento a través do autocoñecemento. Este ano inclúe o engadido dos beneficios da risoterapia. O proxecto, posto en marcha pola Concellería de Igualdade, liderada por Iria Vilaboa, leva 3 anos en funcionamento e está destinado a mellorar e benestar emocional e o empoderamento das mulleres, mediante á práctica guiada por unha persoa profesional das técnicas de rispterapia e do autocoñecemento. De igual modo, mediante esta práctica preténdese fomentar a creación dunha rede entre as mulleres participantes e fomentar as súas relacións interpersoais.

"Esta é unha das moitas iniciativas de benestar emocional e educación en feminismo que impartimos no Concello de Redondela. Denda fai máis de tres anos levamos facendo talleres, charlas, exposicións e eventos adicados a temas tan importantes como a violencia de xénero, o autocoñecemento e o apoio emocional para crear unha rede de seguridade entreas mulleres de Redondela", declara Digna Rivas.

Comezou o 2 de novembro e impártese no Multiúsos da Xunqueira de 12:00h a 13:30 horas, todos os xoves ata o 29 de decembro. As actividades son participativas e interactivas. Cada unha das sesións comenzará cunha parte de dinámica práctica de risoterapia durante media hora, e seguirá cos contidos básicos sobre autocoñecemento. Entre os módulos podese atopar o traballo sobre lectura e percepción corporal, a familia afectiva e o autocuidado. As técnicas didácticas empregadas terán o obxectivo de fomentar o interese das participantes, para obter desta forma unha aprendizaxe o máis activa e significativaposible, aplicando a intencionalidade de construír novos coñecementos.

Hai que destacar que aínda que a inscripción esté aberta a todas as veciñas de Redondela, terán prioridade as mulleres inscritas no CIM que sexan víctimas de violencia de xénero. O número máximo de participantes é 15.

Esta proposta supón, “poñer sobre a mesa os problemas específicos que en materia de igualdade afectan ás mulleres da nosa contorna. É imprescindible contar con programas como este que fomenten o empoderamento das mulleres no camiño á igualdade, o único xeito de construír unha sociedade xusta e decente”, conclúe Rivas.