Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Obradoiros para a rapazada impulsados por AGASOL, AMTEGA e o Concello de Redondela na aula CEMIT de Chapela

Concello de Redondela
24-09-2021
0
Obradoiros para a rapazada impulsados por AGASOL, AMTEGA e o Concello de Redondela na aula CEMIT de Chapela

Os vindeiros días 1 e 2 de outubro se impartirán na Aula CeMIT de Chapela (sita en Rua Manuel Rodriguez Casal nº3, 36320, Chapela – Redondela) uns obradoiros para a rapazada entre 8 e 15 anos con contidos adaptados a cada franxa de idade, promovidos pola Asociación de Software Libre Agasol.

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade, procurando un modelo de sociedade do coñocemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas infromáticos e facer públicos e accesibles ese progresos.

Faranse dous grupos por idades cada día: De 8 a 11 anos, e de 12 a 15 anos, e as temáticas a impartir serán adaptadas en cada caso ao entendemento de cada franxa de idade.

O monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, introducindo cuestións como igualdade, sentido crítico ante a tecnoloxía ou o seu uso de xeito creativo, máis aló do mero consumo, a colaboración e o traballo en equipo, así como a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Os contidos propostos para estes catro Obradoiros que se ofrecen dende o Concello de Redondela son:

  • Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito fácil e divertido
  • Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial
  • Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
  • Circuitos en papel: crearemos un circuíto eléctrico co obxectivo de facer billar un LED nun papel ou tela, tamén podemos incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

E se crean os grupos nestas datas e horarios, tendo 12 prazas dispoñibles por día e por grupo:

  • venres 1 de outubro de 16.00 h a 17.30 h para rapazada de 8 a 11 anos
  • venres 1 de outubro de 18.00 h a 19.30 h para rapazada de 12 a 15 anos
  • sábado 2 de outubro de 10.30 h a 12.00 h para rapazada de 8 a 11 anos
  • sábado 2 de outubro de 12.30 h a 14.00 h para rapazada de 12 a 15 anos

As matrículas faranse cunha instancia xeral nos rexistros habilitados (Presenciais en Redondela e Chapela, e telemático na sede electrónica: https://redondela.sedelectronica.gal ) e se adxudicarán as prazas por orde de entrada das mesmas. Deberá indicarse os datos do/a menor, incluíndo a idade e os datos de contacto do pai/nai/tutor, e o día que lle interesa participar.

Estes Obradoiros son de balde.